Síntese a medida

Organistry proporciona servizos de síntese a medida de calquera produto que precise. Estes servizos poden consistir na preparación de:

  • Estándares farmacolóxicos de alta pureza.
  • Working standards de impurezas de APIs.
  • Intermedios avanzados.
  • Novos compostos con interese terapéutico.
  • Metabolitos.
  • Lotes de uso preclínico de fármacos en desenrolo.
  • Compostos High Potency

Os compostos sintetizados son subministrados cun certificado de análise que inclúe RMN, HPLC e todos os datos analíticos necesarios para a súa caracterización completa.

Organistry tamén ofrece servizos de investigación a medida durante un período de tempo determinado preparando os produtos que vaia necesitando.

Nos nosos laboratorios podemos preparar produtos, en cantidades de ata escala de Kilo-lab, con prazos de entrega curtos. Para cantidades maiores accedemos a unha planta piloto GMP con reactores ata 250 L.