En Organistry traballamos en tódalas fases do desenvolvemento dun proceso para a fabricación dun principio activo. Facemos revisións da bibliografía para estudar a situación de patentes dun API e se a súa fabricación é viable podemos dar paso ó traballo experimental, que inclúe:

Desenvolvemento de procesos
  • Estudo de novas preparacións.
  • Avaliación de diferentes rutas sintéticas e selección según rendemento, perfil de impurezas do API, custo e dispoñibilidade de materias primas, simplicidade e impacto ambiental.
  • Estudo detallado dos parámetros de reacción, da conexión entre as etapas, de cristalización do produto final ou da súa resolución e de parámetros que afectan ó polimorfismo.
  • Identificación de parámetros críticos e establecemento dos seus rangos de seguridade mediante experimentos baixo condicións de estrés.
  • Soporte analítico dende o inicio do proxecto.
  • Escalado e validación do proceso no reactor (1-10 L).
  • Preparación dos estándares das impurezas relacionadas.

A comunicación cos nosos clientes é moi estreita, mantendo reunións periódicas e subministrando informes recopilatorios do traballo experimental, o que nos permite tomar decisións importantes en conxunto, tendo en conta a visión do cliente e o seu modo de traballar en planta.

Á finalizacion do proxecto envíamos un informe de transferencia de tecnoloxía que inclúe as operacións de proceso, parámetros críticos, controis de reacción, métodos analíticos desenrolados, etc. A transferencia de tecnoloxía tamén pode facerse reproducindo o proceso ante o cliente á mesma escala que os lotes de validación e entregando tódala documentación necesaria.