O equipo humano de Organistry, altamente cualificado e motivado, posúe unha ampla experiencia en abordar proxectos a medida, traballando coma unha extensión dos laboratorios dos nosos clientes e mantendo unha estreita comunicación con eles.

O que nos diferencia é a flexibilidade, a perseverancia e a calidade no noso traballo.

Os resultados das nosas investigacións son propiedade exclusiva dos nosos clientes.

Traballamos baixo a máis rigorosa confidencialidade.

Organistry foi financiada polo Banco Europeo de Investimentos (BEI) e apoiada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Organistry é unha empresa de base tecnolóxica cualificada pola Xunta de Galicia coma IEBT.

Proxecto cofinanciado por:

igape xunta FEDER

Organistry tamén foi apoiada pola UE no seu proxecto Cosmetinnova: novas ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento de produtos en cosmética natural (Conecta-Peme IN852A 2013/63-0). Importe concedido: 51.179,40 €